Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha familia denuncia que a masa boscosa se lle mete na casa ante a inacción do concello de Santiago

Unha familia denuncia que a masa boscosa se lle mete na casa ante a inacción do concello de Santiago

Árbores pirófitas, arbustos e maleza diversa nunha leira situada na parroquia do Castiñeiro quince meses despois de que os prexudicados denunciaran a situación

Imaxe deste xoves co terreo abundante en piñeiros e demais vexetación no lugar compostelán de Outeiro
G24.gal 25/08/2022 14:04

Especies arbóreas pirófitas, arbustos e maleza diversa enchen os preto de 2.000 metros cadrados deste terreo en plena zona habitada no barrio compostelán do Castiñeiriño. Do risco que esta situación entraña saben ben Daniel, María Luz e a súa familia, porque a súa casa está ao lado. Tamén ten coñecemento o Goberno municipal, pero a maleza allea medra e non os invade porque pola súa conta rozan a parte máis próxima.

Daniel Sanjurjo Cabo, integrante da familia afectada afirma que "esa franxa ímola cortando nós cada mes e medio, porque senón, vennos para a casa todo o bicherío. Temos rapaces pequenos e non podemos estar con esa situación, claro está. Temos gran temor, porque aquí temos un garaxe con tres coches, só temos unha saída só e se hai un incendio quedamos atrapados ".

O terreo en cuestión é privado e non saben do dono, polo que pediron a intervención do Concello. Fixérono por escrito en 2021 e quince meses despois, nin a propiedade nin o Goberno municipal puxeron solución.

"Se o terreo fose meu, teríao limpo, pero así son as autoridades competentes as que deben actuar", di Daniel.

O problema que teñen estes veciños de Santiago, especialmente preocupante en tempo seco, é -como tantos casos parecidos en distintos concellos de Galicia- mostra de que a seguridade das zonas habitadas ante os incendios require de acción por parte da Administración competente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade