Cargando resultados...
Morre unha muller de 80 anos no incendio da súa casa en Alacant
A vivenda quedou totalmente calcinada
G24.gal
15/01/2022 21:48
Unha muller de 80 anos faleceu este sábado no incendio do seu domicilio en Alacant. A vivenda quedou totalmente calcinada.
A vítima atopábase soa no momento en que se iniciaron as lapas. Foi o seu marido, que saíra a facer unhas compras, quen deu a alerta.
O home foi trasladado a un hospital por un ataque de ansiedade e polas queimaduras que sufriu ao tratar, sen éxito, de rescatar a súa muller. Investíganse agora as causas do incendio.