Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece unha muller ao caer nun pozo de auga en Sober

Falece unha muller ao caer nun pozo de auga en Sober

Un familiar chamou ao 112, pasadas as oito desta mañá, para informar do suceso

G24.gal 29/08/2022 10:32 Última actualización 29/08/2022 13:56

Unha veciña do concello de Sober, de 87 anos, faleceu tras caer ao interior dun pozo de auga na mañá deste luns, no lugar das Lumieiras.

A información facilitada por un familiar ao 112 Galicia, nunha chamada rexistrada pasados uns minutos das 8:00 horas desta mañá, limitábase a informar da caída da vítima ao pozo.

Aínda que o acceso ao corpo era posible, quen acudiu a socorrer a vítima preferiu esperar á chegada dos equipos de emerxencias.

Desde o 112 Galicia pediuse a colaboración dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que rapidamente confirmaron o falecemento da muller, e dos bombeiros de Monforte, que quedaron á espera.

A Garda Civil recibiu esta información por parte do Centro Intergrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE) e enviou unha patrulla ao lugar co fin de coñecer as circunstancias en que se produciu este falecemento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar