Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece un soldado coruñés da Brilat nun accidente en Soria

Falece un soldado coruñés da Brilat nun accidente en Soria

Iván Mejuto morreu tras sufrir un accidente co camión militar que conducía

G24.gal 20/10/2023 12:21

Un soldado da Brilat natural da Coruña faleceu nun accidente en Soria. Iván Mejuto conducía un camión militar. Regresaban duns exercicios de instrución e adestramento en Zaragoza cando sufriu unha saída de vía e caeu por un desnivel de entre 5 e 6 metros na localidade de Langa de Duero.

Canda el viaxaba outro militar do grupo de Artillería, que quedou ferido e permanece hospitalizado en Burgos.

O soldado Iván Mejuto residía actualmente na cidade de Pontevedra, e ingresou no Exército de Terra o 23 de outubro de 2006, tras superar a fase de instrución básica militar estivo destinado na Academia de Artillería de Segovia e no Grupo Loxístico VII da propia Brilat.

Foi condecorado coa Cruz de Bronce da Cruz á Constancia no Servizo, a Medalla Conmemorativa da operación Balmis polo seu traballo realizado durante a loita contra a pandemia da covid-19 e a Cruz ao Mérito Militar con Distintivo Branco.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade