Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece un mozo de 24 anos nun accidente de moto en Vigo

Falece un mozo de 24 anos nun accidente de moto en Vigo

Os servizos médicos chegados ao lugar tentaron reanimalo, pero xa non puideron facer nada por salvarlle a vida

G24.gal 16/12/2021 14:56

Un mozo de 24 anos faleceu este xoves en Vigo nun accidente de tráfico ao chocar na súa motocicleta contra un turismo.

O accidente tivo lugar na avenida do Aeroporto, na parroquia de Cabral, ás 8:10 da mañá. Un particular advertiu do sinistro ao 112, que puxo os feitos en coñecemento de Urxencias Sanitarias 061, os Bombeiros de Vigo, a Policía Local e Protección Civil.

Os servizos médicos chegados ao lugar tentaron reanimalo pero xa non puideron facer nada por salvarlle a vida. A Policía Local, que enviou un equipo de atestados, investiga as circunstancias do suceso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade