Cargando resultados...
A tarde de Todos os Santos deixa dúas vítimas mortais nas estradas galegas
Un motorista morreu en Nigrán ao caer da motocicleta que conducía
Un home faleceu en Muxía ao bater co coche contra un poste da luz
A moto accidentada
G24.gal
01/11/2022 20:05
Última actualización 01/11/2022 21:49
A tarde de Todos os Santos deixa dúas vítimas mortais na rede viaria galega. En Nigrán, un home perdeu a vida ao caer da motocicleta que conducía no punto quilométrico cinco da estrada PO-332, á altura da parroquia de Parada. Ocorreu pasadas ás 18:00 horas.
Tras recibir o aviso, o 112 Galicia mobilizou o GES do Val Miñor, a Garda Civil de Tráfico, a Policía Local e o 061. Malia os esforzos, o persoal sanitario non puido facer nada por salvarlle a vida.
Pouco antes, outro home falecía no concello de Muxía ao bater o seu coche contra un poste da luz. O accidente produciuse na Baiuca, e ata o lugar desprazouse un helicóptero medicalizado, pero o condutor morreu no lugar dos feitos.