Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece un mergullador que recolleron da auga no Grove

Falece un mergullador que recolleron da auga no Grove

Recolleuno unha embarcación despois de que un garda rural dera a voz de alarma a través dunha chamada ao 112 Galicia

G24.gal 18/03/2025 13:04

No Grove o mundo do mar está consternado polo falecemento dun mergullador que andaba á navalla na contorna da Illa da Toxa. Tiña 48 anos e era veciño de Vilanova de Arousa, David Valverde.

A vítima andaba á navalla á altura de Punta Cabreira na Illa da Toxa cando sufriu o accidente. As primeiras hipóteses apuntan a que o mergullador puido estar debaixo da auga varios minutos sen recibir oxíxeno a causa dun posible fallo no equipo de inmersión.

Unha embarcación que estaba na zona trasladou ao mergullador ata o porto do Grove logo de que un garda rural dese a voz de alarma. Ata o lugar desprazáronse os servizos de emerxencias e sanitarios que trataron de reanimalo sen éxito.

Malia os esforzos do equipo médico e dos membros do servizo municipal de Protección Civil do Grove, nada puideron facer por salvar a vida desta persoa, que entrou en parada cardiorrespiratoria. O cadáver está sendo conducido ao Porto do Corgo, no Grove.

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 enviaron á zona unha dotación a bordo do helicóptero con base en Santiago, que tamén participou nos labores de reanimación sen éxito. No operativo colaboraron os axentes da Policía Local.

Foi unha xornada triste en toda a comarca, tamén en Vilanova onde vivía e no club subacúatico de Vilagarcía de Arousa onde a vítima era socio e adoitaba a participar en probas de pesca deportiva.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade