Rueda destaca a solidariedade e o compromiso das agrupacións de Protección Civil nas emerxencias
Alfonso Rueda asegurou que o investimento continuado é necesario para ter os servizos de emerxencia cando se precisan
A Xunta investiu nos últimos dez anos máis de 30 millóns de euros neste servizos
Este sábado entregáronse na Estrada as medallas ao mérito de protección civil. O presidente da Xunta destacou a solidariedade e o compromosio de todas as agrupacións.
Alfonso Rueda asegurou que o investimento en emerxencias é necesario aínda que o seu rendemento non se perciba de maneira inmediata.
"Apostar polas emerxencias, por aquilo que aparentemente non se aprecia porque non se necesita pero o día que se necesita necesíitase máis que calquera outra cousa, non é fácil, porque supón investimento continuado, pero é rendible porque o día que fai falta se non o tes arrepínteste toda a vida", concluíu.
Neste sentido Rueda destacou que a Xunta investiu nos últimos dez anos máis de 30 millóns de euros nos servizos de emerxencia de Galicia. O presidente Rueda agradeceu a todos os efectivos o seu traballo e destacou a axuda na vaga de lumes deste verán ou na DINA de Valencia.