Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece un home traer caer co seu coche ao río en Sarria

Falece un home traer caer co seu coche ao río en Sarria

Os bombeiros foron os encargados de rescatar o corpo do interior do coche

G24.gal 06/02/2026 18:11

Unha persoa perdeu a vida tras precipitarse co seu vehículo desde a rúa do Peregrino ao río, no municipio de Sarria.

Segundo a información do 112 Galicia, o suceso produciuse sobre as 16.00 horas deste venres e foron varios particulares os que deron a voz de alarma.

 

Ata o punto desprazáronse os Bombeiros, que se encargaron de rescatar o corpo do falecido do interior do coche. No operativo tamén participaron a Garda Civil, Policía Local e os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade