Publicador de contidos
Publicador de contidos

Morre un condutor nun accidente de tráfico no concello de Santa Comba

Morre un condutor nun accidente de tráfico no concello de Santa Comba

Ocorreu preto das dez da noite do sábado na parroquia de Mallón

O coche que conducía a vítima
G24.gal 13/04/2024 23:14 Última actualización 14/04/2024 11:48

Un condutor faleceu nun accidente de tráfico ocorrido a última hora do sábado en Santa Comba, na parroquia de Mallón. O coche que conducía saíu da vía, por causas aínda sen determinar, e quedou envorcado na gabia.

Foi na estrada que vai de San Cristovo a Grixoa preto das dez da noite. A vítima era o único ocupante do vehículo e o persoal sanitario do 061 só puido confirmar o seu falecemento.

Segundo informa o 112, ata o lugar do sinistro tamén se desprazaron os Bombeiros e Protección Civil de Santa Comba e axentes da Garda Civil de Tráfico.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade