Falece Ramón Castromil, recoñecido home da empresa e da cultura
Castromil é fillo predilecto de Santiago, foi presidente da compañía de transporte de viaxeiros que leva seu nome e pianista de éxito

Falece Ramón Castromil Ventureira aos 92 anos de idade. Ramón Catromil, fillo predilecto de Santiago de Compostela desde o ano 2018, é o presidente da compañía de transporte de viaxeiros Castromil e pianista de éxito.
Catromil promoveu numerosas iniciativas culturais no mundo da empresa. Non abundan na historia de Galicia os empresarios ilustrados, aqueles que xuntan o mundo da cultura e os negocios.
De neno, aos seis anos xa tocaba o piano. Ía para músico, deu concertos por todo o mundo, pero en 1969 tivo que facerse cargo da empresa que fundara o seu avó, transportes Castromil, e quixo reunir o mellor dos dous mundos.
Bautizou os autobuses con nomes de personaxes da cultura galega, buses onde se distribuían os 'Contos do Castromil'. Pertenceu ao Consello da Cultura Galega e impulsou numerosas iniciativas culturais.