Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece o empresario galego César Bonilla, da empresa Bonilla a la vista

Falece o empresario galego César Bonilla, da empresa Bonilla a la vista

A empresa familiar creada en 1932 polo seu pai Salvador Bonilla, agradeceu as mostras de cariño

G24.gal 16/02/2024 17:02

O empresario galego César Bonilla, da empresa de churros e patacas fritas Bonilla a la vista, con sede en Arteixo (A Coruña), faleceu aos 91 anos.

Así o transmitiron desde a propia compañía que se despide con "todo o pesar e a dor" do seu "capitán", sinalan nun comunicado difundido aos medios.

Nel, destacan o seu "incansable traballo e dedicación, que fixeron posible que o nome de Bonilla a la vista soe hoxe ao longo e ancho do mundo, sen perder xamais as súas raíces galegas".

"A familia de César e a enorme familia que formamos esta empresa agradecemos as mostras de afecto recibidas e o agarimo de todos os que nos acompañaron desde hai máis de 90 anos", sinala en relación a unha empresa familiar creada en 1932 por Salvador Bonilla, pai de César Bonilla.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade