Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece o condutor dun vehículo tras colidir contra un establecemento en Ferrol

Falece o condutor dun vehículo tras colidir contra un establecemento en Ferrol

O 112 Galicia solicitou a colaboración da Policía Local e informou aos Bombeiros e a Protección Civil

G24.gal 12/12/2022 21:47

Sobre as sete da tarde do luns un vehículo colidiu cun establecemento situado na estrada de Castela. Nese momento, o persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia comunicaba o suceso aos xestores de Emerxencias.

O 112 Galicia solicitou a colaboración dos axentes da Policía Local de Ferrol e tamén avisou os Bombeiros municipais e os membros de Protección Civil.

Pouco despois, os servizos sanitarios confirmaban ao 112 o falecemento do condutor do vehículo accidentado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade