Falece aos 67 anos o actor Ray Liotta, protagonista de 'Un dos nosos'
As primeiras informacións apuntan a que o intérprete estaba durmindo cando faleceu

O actor estadounidense Ray Liotta faleceu este xoves aos 67 anos na capital da República Dominicana, onde se atopaba filmado unha película.
As primeiras informacións indican que o actor estaba durmindo cando faleceu, aínda que se agarda o informe oficial.
O actor, que naceu en Nova Jersey o 18 de decembro de 1954, atopábase no país caribeño xunto á súa parella, Jacy Nittolo, quen pediu privacidade nestes momentos. De acordo con medios locais, o deceso do intérprete produciuse nun hotel da Cidade Colonial de Santo Domingo.
Candidato aos Globos de Ouro, aos Premios do Sindicato de Actores e gañador dun Emmy, Liotta debutou no cinema con Un dos nosos, que logrou seis nomeamentos aos Óscar.
A súa carreira inclúe títulos como Algo salvaxe, Falsa sedución, Cop Land, Hannibal e Identidade.
Entre os seus últimos traballos atópanse Historia dun matrimonio e No Sudden Move