Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece Georgie Dann, máximo representante da canción do verán

Falece Georgie Dann, máximo representante da canción do verán

O artista, de orixe francesa, morreu en Madrid aos 81 anos

Georgie Dann durante unha actuación no programa Luar
G24.gal 03/11/2021 16:15

O popular artista Georgie Dann, coñecido como grande embaixador da canción do verán grazas a éxitos como El chiringuito ou La barbacoa, faleceu este mércores aos 81 anos en Madrid. Segundo transcendeu, o músico e cantante finou no hospital Puerta de Hierro durante unha operación de cadeira.

Nacido en París en 1940 co nome de Georges Mayer Dahan, comezou a cimentar a súa fama en España a partir da súa participación no Festival do Mediterráneo de 1965, ao que seguiu o seu primeiro éxito, El catashock, de 1969.

Dann posúe 303 obras rexistradas como compositor e letrista, que inclúen temas tan coñecidos como El bimbó, Macumba ou Carnaval, carnaval.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar