Publicador de contidos

Publicador de contidos

FACONAUTO: "España está moi lonxe de que en 2035 se poidan deixar de vender coches de combustión"

FACONAUTO: "España está moi lonxe de que en 2035 se poidan deixar de vender coches de combustión"

Os concesionarios de coches advirten que, co actual ritmo de matriculación de vehículos eléctricos, España non poderá cumprir o obxectivo que marca a Unión Europea

G24.gal 09/06/2022 09:39

Os concesionarios de coches advirten que, co actual ritmo de matriculación de vehículos eléctricos, España non poderá cumprir o obxectivo que marca a Unión Europea de non vender coches de gasolina nin de gasóleo para 2035.

Díxoo no Galicia por diante o responsable de comunicación da patronal de concesionarios FACONAUTO Raúl Morales.

"A penetración do vehículo eléctrico que agora hai en España está no dous e pico por cento do mercado. Noutros países que deben ser a nosa referencia, como Alemaña, Francia, Italia ou o Reino Unido, dobra esa cifra".

"A penetración do vehículo eléctrico noutros países europeos está sendo moito máis eficaz e moito máis rápida do que está sendo en España".

"Realmente España está moi lonxe de ter a posibilidade de cumprir con eses obxectivos que está marcando a Comisión Europea de que en 2035 non se poidan comercializar vehículos de combustión porque sinxelamente en España a chegada do coche eléctrico está sendo moi lenta".

FACONAUTO cita como principal atranco "a baixa renda per capita" dos cidadáns, xa que os coches eléctricos adoitan ser entre un 20 e un 30 por cento máis caros que os de gasolina ou gasóleo. Tamén apunta que hai moi poucos puntos de recarga públicos, polo que reclama a participación das administracións públicas, "porque é necesario un investimento de 5.000 millóns de euros".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade