Publicador de contidos

Publicador de contidos

Facenda gañará 164 millóns polo sorteo da lotaría de Nadal

Facenda gañará 164 millóns polo sorteo da lotaría de Nadal

Os premios de máis de 40.000 euros tributan un 20 %, os demais están exentos

Facenda fai a retención de forma automática ao cobrar o décimo premiado

G24.gal 22/12/2022 14:54

164 millóns de euros, sete máis ca o ano pasado. Ese é o aguinaldo que levará a Axencia Tributaria co sorteo de Nadal.

O tributo, do 20 %, só se desconta nos premios de máis de 40.000 euros, é dicir, págano os afortunados que teñan décimos dos 3 primeiros premios. Así que, se gañan o Gordo, non cobrarán os 4000.000 euros, senón 328.000. 

"Cando vas cobrar ao banco entregas o décimo e eles automáticamente coa aplicación que teñen xa descontan o imposto, non hai que pagalo aparte", explica Josefa Carvajal, traballadora da administración número 7 de Santiago.

Como a retención vai incluída, os afortunados non terán que contabilizar o premio na vindeira declaración da renda. Cousa distinta son os rendementos e os intereses bancarios que xeren esas cantidades, que si deben notificarse o ano que vén.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade