Facenda convoca unha oposición con máis de 27.000 prazas para a Administración central
Máis de 11.000 prazas son de ingreso libre e 16.000 de estabilización

O Ministerio de Facenda lanzou a convocatoria de procesos selectivos para cubrir 27.509 prazas na Administración Xeral do Estado, en cumprimento da normativa de ofertas públicas de emprego e de estabilización do emprego público.
Segundo publica este venres o BOE, o total de prazas convocadas corresponde tanto a ingreso libre (11.417) como a promoción interna (16.088) e procesos de estabilización do emprego público (4).
Os postos para cubrir corresponden ao corpo xeral auxiliar da administración do Estado (4.086), administrativo (13.157), auxiliares de informática (2.352), xestión da Administración civil (6.474) e xestión de sistemas e informática (1.440).
O prazo para convocar o primeiro exercicio será de catro meses, un máis do inicialmente previsto na oferta de emprego público de 2022 ante o elevado número de prazas ofertadas, e prevese que a fase de oposición estea resolta nun ano.