Cargando resultados...
Fabiano: "Estou moi molesto. Parece que estamos xogando na escola"
Fabiano: "Estou moi molesto. Parece que estamos xogando na escola"
O adestrador do Compostela analizou o derbi ante o Polvorín

G24.gal
16/10/2022 14:56
Última actualización 16/10/2022 15:02
Con remontada nos últimos minutos rematou o choque da 2.ª RFEF entre o Lugo B e o Compostela. A vitoria lucense deixou resignado o adestrador Fabiano Soares.
"É unha dolorosa derrota, coa que che queda cara de parvo. Fixemos todo para gañar. Se sabes competir gañas o partido. Coa idea que temos non fai falla experiencia. Teñen que saber competir, os momentos do partido, dar pausa. Non poden filtrar un balón como o do empate e logo o córner defensivo. Estou moi molesto, haberá bronca porque parece que estamos xogando na escola".