Cargando resultados...
A chuvia e o vento azoutan con especial forza Cáceres e Badaxoz
Importantes asolagamentos no centro histórico de Cáceres
En Badaxoz o vento levantou tellados e placas
O centro histórico de Cáceres anegado
G24.gal
23/10/2022 09:35
Última actualización 23/10/2022 10:45
A borrasca Beatrice deixa tamén incidencias noutras comunidades. É o caso de Estremadura, onde a intensa chuvia deixou rúas totalmente anegadas. O centro histórico de Cáceres parecía un torrente coa auga correndo en cadoiro polas escaleiras.
Imaxes similares tamén en Badaxoz, onde o vento levantou tellados e placas, que caeron sobre os vehículos e deixaron estragos importantes. Afortunadamente os danos son só materiais.
Beatrice deixouse sentir tamén en Madrid, onde o vento e a chuvia provocou numerosas incidencias.