Publicador de contidos

Publicador de contidos

Extinguido un incendio nunha granxa de polos en Salceda de Caselas

Extinguido un incendio nunha granxa de polos en Salceda de Caselas

O suceso, que se declarou ás 6:30 horas deste luns, non ocasionou danos persoais

TVG
G24.gal 09/02/2026 10:36 Última actualización 09/02/2026 13:45

Un incendio rexistrado nunha granxa de polos en Salceda de Caselas causou danos materiais.

Segundo informou o CIAE 112-Galicia, o incendio produciuse sobre as 6:30 horas deste luns nestas instalacións industriais, situadas na zona do Torreiro.

Cando os bombeiros chegaron saía do interior unha intensa fumareda que tiña a súa orixe na zona da caldeira onde había cachela acumulada.

Segundo informou o Sarxento do Consorcio de Pontevedra, Gustavo Vázquez,  a súa prioridade foi evitar que o lume se propagase ao resto do inmoble para protexer os animais que había na granxa.

A rapidez na actuación evitou que o lume chegase ao lugar onde estaban os polos. A extinción prolongouse durante catro horas porén as tarefas de arrefriado continuarán para evitar que o incendio se reavive xa que hai materias inflamables.

No incendio traballaron os bombeiros do Porriño, o GES de Mos, Protección Civil de Salceda e os forestais de Peinador. O propietario da granxa inhalou fume, pero non precisou de asistencia.

Non houbo que lamentar danos persoais e xa hai unha investigación aberta para determinar as causas do lume. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade