Publicador de contidos

Publicador de contidos

Extinguido o incendio forestal de Trabada tras calcinar 2.300 hectáreas

Extinguido o incendio forestal de Trabada tras calcinar 2.300 hectáreas

Segundo a Consellería do Medio Rural, a maior parte da superficie queimada é de monte arborizado

G24.gal 15/10/2023 22:46

O incendio forestal de Trabada, declarado o 12 de outubro ás tres da tarde, quedou extinguido este domingo tras devorar 2.326 hectáreas. Segundo a Consellería do Medio Rural, a maior parte desta superficie é de monte arborizado.

Para a súa extinción mobilizáronse 8 técnicos, 72 axentes, 114 brigadas, 78 motobombas, 3 pas, un tractor, catro unidades técnicas de apoio, 6 avións e 3 helicópteros. Ademais, instalouse un posto de mando avanzado para coordinar as tarefas de apagamento.

O número de teléfono 085 está á disposición da cidadanía para denunciar calquera lume destas características.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade