Publicador de contidos

Publicador de contidos

Extinguido o incendio de Laza, e xa só queda un pendente de apagar en Galicia

Extinguido o incendio de Laza, e xa só queda un pendente de apagar en Galicia

O incendio de Laza e Chandrexa de Queixa calcinou 2.100 hectáras

Segue estabilizado o incendio de Pantón

G24.gal 17/08/2022 11:43

Galicia conseguiu a extinción doutros dous incendios forestais nas últimas horas e xa só queda un único lume pendente de apagar -na provincia de Lugo- con 25 hectáreas queimadas, informa a Consellería do Medio Rural.

Así, xa está extinguido na provincia de Ourense o incendio máis grande, con 2.100 hectáreas, que é o que uniu os focos que empezaron en Laza, parroquia de Camba, e en Chandrexa de Queira, parroquia de Queixa.

Durante a noite apagouse o de Ribas de Sil, na parroquia de Torbeo, nun punto da provincia de Lugo que limita coa de Ourense, tras queimar 47 hectáreas.

Durante a xornada do martes xa se extinguira o incendio en Castrelo do Val tras queimar 173,19 hectáreas. Tamén quedaron apagados os lumes de Oímbra, con 88,83 hectáreas, e Riós, con 94,1 hectáreas.

Por tanto, só queda o lume en Pantón, na parroquia de Frontón, que está estabilizado e con 25 hectáreas afectadas ata o momento.

Estas extincións suman 2.503,12 hectáreas apagadas nas últimas horas, ao que axudou a entrada dunha mase de aire frío con choiva en Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar