Publicador de contidos
Publicador de contidos

Explota o foguete Starship no ceo de Texas pouco despois de engalar

Explota o foguete Starship no ceo de Texas pouco despois de engalar

"A proba de hoxe axudaranos a mellorar a confianza de Starship mentres SpaceX busca facer que a vida sexa multiplanetaria", explicou a compañía de Elon Musk

G24.gal 20/04/2023 16:41 Última actualización 20/04/2023 18:30

O gran foguete Starship da empresa SpaceX explotou no ceo de Texas nos Estados Unidos poucos minutos despois dunha exitosa engalaxe. Aínda se descoñecen os problemas técnicos, pero os enxeñeiros da compañía sinalaron que daban por boa a proba e volverán a intentalo nuns meses.

O dono de SpaceX, o multimillonario Elon Musk, reaccionou de xeito inmediato na súa conta de Twitter para felicitar os seus equipos e para animalos a seguir traballando nun proxecto que ten como obxectivo final contar cun aparello que leve os humanos ata a Lúa e Marte.

"Nunha proba coma esta o éxito provén do que aprendemos e a proba de hoxe axudaranos a mellorar a confianza de Starship mentres SpaceX busca facer que a vida sexa 'multiplanetaria'", indicou a compañía, que a pesar da explosión considerou positivo o acontecido sobre o ceo da súa base chamada Starbase na costa do golfo de México.

Era o segundo intento de SpaceX para a proba do proxecto do gran foguete Starship, que se compón dunha nave (Starship) e un propulsor (Super Heavy Rocket) totalmente integrados.

Starship tivera que desistir o pasado luns da engalaxe despois de que os técnicos descubriran que unha válvula de presurización estaba conxelada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade