Publicador de contidos
Publicador de contidos

Expertos sommeliers catan a cegas cen Rías Baixas buscando o mellor viño

Expertos sommeliers catan a cegas cen Rías Baixas buscando o mellor viño

Os catadores valoraron cen marcas que xa están no mercado

G24.gal 22/08/2022 16:23

Frescos e florais din que son os viños da denominación Rías Baixas pero tamén moi diferentes. Iso é o que pensan os sommeliers da principal asociación de Galicia que hoxe se reuniron en Pontevedra para unha cata ás cegas. O obxectivo, puntuar as mellores marcas no mercado.

Son viños que están xa no mercado e aos que a asociación de sommelieres Gallaecia, como outros anos, poñenlle nota. Unha caste principal o albariño, pero son caldos moi diferentes e cada vez máis personalizados.

Catan viños deste ano sobre todo, pero tamén espumosos e de barrica. Porque os caldos das Rías Baixas envellecen moi ben, aseguran os expertos.

A cata foi esta mañá pero as notas, cal é o mellor viño, non se saberán ata setembro. E as marcas premiadas incluiranse na 'Guía de viños de Galicia'. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar