Publicador de contidos

Publicador de contidos

Éxodo de palestinos cara ao sur da Franxa de Gaza ante o ultimato de Israel

Éxodo de palestinos cara ao sur da Franxa de Gaza ante o ultimato de Israel

A ONU prevé unha catástrofe humanitaria

O exército israelí fixo incursións terrestres en Gaza en busca de armas e dos reféns que Hamas ten secuestrados

G24.gal 13/10/2023 20:33 Última actualización 13/10/2023 20:38

Foxen cara a ningunha parte, co posto e a maioría deles sen un lugar de destino. O ultimato de Israel provocou o éxodo de milleiros de palestinos cara o sur da Franxa de Gaza. 

O exército israelí xa fixo este venres incursións terrestres en territorio palestino para intentar localizar os reféns secuestrados por Hamas, e a invasión masiva parece inminente.

A ONU denuncia que é imposible desprazar os algo máis dun millón de habitantes do norte da Franxa en tan pouco tempo, e alerta dunha máis que probable catástrofe humanitaria.

Pero Israel escúdase na autodefensa e segue adiante co obxectivo de destruír Hamas.
 

"Isto é unha guerra que imos gañar nós", di o ministro de Defensa israelí.
 

Hamas pídelle á poboación da Franxa de Gaza que ignoren o ultimato e que non se vaian. Este venres intensificaron os ataques e lanzaron foguetes contra varios obxectivos israelís, que fixeron soar as alarmas mesmo en Tel Aviv. 

No ámbito diplomático, Israel ten garantido o apoio dos Estados Unidos e tamén da Unión Europea. Asi llo confirmaron a Benjamin Netanyahu persoalemnte a  presidenta da Comisión e a do Parlamento.

Pero o movemento cidadá en apoio ao pobo palestino vai en aumento. Alemaña, Francia e o Reino Unido prohibiron as manifestacións por temor a gromos violentos. En numerosos países árabes de Oriente Medio houbo este venres protestas multitudinarias para denunciar os ataques contra a poboación civil palestina.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade