Cargando resultados...
Exhibición de Abelenda e Charles na sexta vitoria seguida do Pontevedra
Remontou o gol inicial do Palencia cunha grande actuación dos seus dianteiros
G24.gal
09/01/2022 19:01
O Pontevedra impúxose ao Palencia por 4-1 en Pasarón e remata a primeira volta como un foguete logo de lograr seis vitorias consecutivas. E iso que, desta volta, tocou remontar o tanto inicial de Álvaro para o Palencia.
Brais Abelenda anotou o gol do empate ao pouco tempo de recibiren o primeiro gol. Foi unha das chaves do partido. No segundo tempo o Pontevedra pasoulle por riba ao rival. Alberto Rubio marcou o segundo antes do minuto quince. A partires dese intre puideron chegar moitos goles co Palencia desbordado en defensa. Brais repetiu de penalti e Charles (seis xornadas seguidas marcando) fixo o definitivo 4-1 no engadido.