Publicador de contidos

Publicador de contidos

Evacúan un edificio de Santiago tras unha fuga de gas mentres os Bombeiros ventilan

Evacúan un edificio de Santiago tras unha fuga de gas mentres os Bombeiros ventilan

O incidente non provocou danos persoais

G24.gal 15/05/2026 20:12

 Os Bombeiros de Santiago interveñen nun edificio da rúa de San Pedro no que, segundo as primeiras informacións, houbo unha rotura da acometida xeral que afectou o primeiro e segundo piso e que provocou unha fuga de gas.

Isto obrigou a evacualo por protocolo mentres os efectivos de extinción o ventilaban.

Pasadas as 19.15 horas, a situación normalizouse e os Bombeiros quedaron facendo comprobacións no terceiro piso, segundo informan fontes municipais.

O incidente non provocou danos persoais.

O 112 Galicia recibiu o aviso arredor das 18.20 horas.

Entón, un particular informou de que escoitara "un asubío" nunha tubaxe de gas neste inmoble.

Ata o lugar desprazáronse axentes da Policía Local e Nacional, ademais de efectivos de Bombeiros.

Neste sentido, fontes municipais explicaron que o incidente se debeu a unha rotura da acometida xeral que vai ao edificio e que afectou, inicialmente, os dous primeiros pisos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade