Cargando resultados...
Evacuado ao hospital o condutor dun camión que se foi da vía en Taboada
O vehículo, cargado de leite, accidentouse nun treito en baixada con curvas
G24.gal
06/06/2026 13:01
Un camión cargado con leite foise da vía na estrada 540, á altura do témino municipal de Taboada.
O condutor, que non sufriu feridas de gravidade, foi evacuado ao Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo.
Non houbo máis vehículos implicados. O accidente ocorreu nun treito en baixada con varias curvas.
Cando tivo lugar chovía na zona, o que puido incidir no sinistro. A circulación viuse afectada lixeiramente, xa que o camión quedou cruzado sobre a estrada, coa cabina fóra da vía e a carga cortando un dos treitos da estrada.
A Garda Civil de Tráfico ocupouse de sinalizar o lugar antes de que retirasen o vehículo pesado da vía.