Publicador de contidos

Publicador de contidos

Europa quere estender o uso dos fertilizantes orgánicos no campo

Europa quere estender o uso dos fertilizantes orgánicos no campo

Elabora unha normativa coa que quere impoñer os orgánicos porque os químicos son máis contaminantes e dependen para a súa produción do gas

Gandeiros e agricultores cren que os dous tipos deben convivir para evitar que a produción mingüe 

G24.gal 22/11/2022 14:51

Europa quere estender o uso dos fertilizantes orgánicos no campo e reducir o uso dos minerais que contaminan máis, e necesítase do gas para producilos. 

"Os prezos dobráronse, de 300 euros a tonelada agora pagámola a 900", di José Luis Tomé, dono dunha explotación leiteira no Corgo.

Aínda así, agricultores e gandeiros cren que os dous tipos de fertilizante deben ir da man. "O químico é necesario e o orgánico tamén, teñen que ir da man. Nós usamos esterco ou xurros, despois faise unha analítica que determina con que temos que complementar", asegura Javier Miranda, dono dunha empresa hortícola en Riotorto. 

Facer un seguimento do estado da terra será unha das imposicións da nova normativa. "Non é normal meter dous mil quilos de fertilizante a unha parcela porque acaban no río ou onde non deben", engade Javier Miranda.

O que máis lles preocupa é a influencia sobre a produción. Os primeiros anos xa dan por feito que van minguar. "Reducir o consumo si, pero eliminalo de todo non o vexo viable, vanse reducir moito as producións", asegura José Luis Tomé.

A que non convence o campo é a nova PAC, e piden que se prorrogue a actual. A nova, din, supón menos diñeiro e máis burocracia e obrigas. A Asociación Agraria Jóvenes Agricultores organizou para esta semana mobilizacións ante a oficina da Comisión Europea en Madrid. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade