Publicador de contidos

Publicador de contidos

Europa debate este martes sobre o uso das linguas cooficiais

Europa debate este martes sobre o uso das linguas cooficiais

A proposta ten que ser aprobada por unanimidade dos 27

Suecia, Finlandia e Eslovaquia xa amosaron reticencias ao uso das linguas cooficiais

G24.gal 18/09/2023 18:32 Última actualización 18/09/2023 20:52

O Consello Europeo estuda mañá a petición española para que catalán, o galego e o éuscaro se poidan empregar como linguas oficiais nas institucións europeas.

A proposta ten que ser aprobada por unanimidade dos 27.  Suecia, Finlandia e Eslovaquia xa amosaron reticencias ao uso das linguas cooficiais. Ata Bruxelas desprazáronse xa representantes da Mesa pola Normalización Lingüística, a organización para a normalización do éuscaro e Omnium Cultural por parte de Cataluña para reivindicar a proposta.

España considera que o catalán, o eúscaro e o galego, ademais de ter estatuto oficial no Estado español, xa están recoñecidas como linguas cooficiais polo artigo 55.2 do Tratado de Unión Europea, tal e como se recolle no texto que se debaterá este martes. España xa expuxo a súa vontade de asumir o custo da tradución e interpretación destas tres linguas.

O venres pasado, cando se falou da petición a nivel dos embaixadores da UE, foron 16 os países que tomaron a palabra e 14 deles expuxeron dúbidas sobre as vertentes financeiras, políticas ou prácticas, mentres que varios pediron un informe dos servizos xurídicos do Consello Europeo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade