Publicador de contidos

Publicador de contidos

Estudan recuperar o certificado covid na hostalaría en Galicia

Estudan recuperar o certificado covid na hostalaría en Galicia

O documento busca incrementar as garantías para os clientes nos establecementos

G24.gal 20/11/2021 16:27

O aumento de casos de coronavirus fai que a Xunta baralle a posibilidade de volver esixir o certificado covid para entrar nos establecementos de hostalería. Decidirase nunha xuntanza a dúas bandas que terá lugar o luns.

A hostalería volve estar no punto de mira. Sen ser a orixe do virus, é o sector máis afectado. Para evitar que aumenten os contaxios, a Xunta estuda volver pedir o certificado covid para entrar nos establecementos.

É unha das medidas que se barallan. Será o luns, nunha xuntanza cos hostaleiros, cando se aborden as solucións. Tamén se aplicarán a outras actividades nas que haxa grande asistencia de público.

A idea é que os negocios sigan funcionando, pero tomando as máximas medidas de precaución. Ademais da ventilación e os medidores de dióxido, o certificado covid é outra garantía.

Xa no verán se esixira este pasaporte covid para entrar nos negocios, que logo foi descartado. O documento acredita que se está vacinado, recuperado da enfermidade ou que o resultado é negativo. 

Os hostaleiros valoran a medida, pero demandan un apoio oficial para pedírllelo aos clientes. 
 

 

 

 


 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade