Publicador de contidos

Publicador de contidos

Goberno e transportistas negocian conceder visados para paliar a falta de camioneiros

Goberno e transportistas negocian conceder visados para paliar a falta de camioneiros

O sector afirma que serían necesarios máis de 15.000 camioneiros

A automoción é un dos prexudicados pola falta de profesionais que conduzan portavehículos

G24.gal 03/03/2023 14:45 Última actualización 03/03/2023 16:56

Neste intre circulan en España un 25 por cento dos camións portavehículos que había antes da pandemia. A falta de condutores profesionais está detrás deste problema que afecta especialmente o sector do automoción.  

Factorías como a de Stellantis, en Vigo, buscan solucións entre os seus traballadores. Ofrecen un aumento de soldo de 800 euros aos que xa dispoñan de carné e a posibilidade de formarse aos que non o teñan. Neste caso deberán asinar un compromiso de permanencia no novo posto de traballo durante dous anos.

Dende o sector do transporte negocian co Goberno a concesión de visados aos condutores estranxeiros que dispoñan de carné de camión. Queren mitigar así a carencia de profesionais que afecta a todo Europa. No noso país, estiman, faltan uns 15.000 camioneiros e a situación, din, irá peor xa que a idade media do 72 por cento dos que están en activo neste intre supera os 50 anos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar