Publicador de contidos

Publicador de contidos

Este martes xulgan o Chicle por agredir sexualmente a súa cuñada

Este martes xulgan o Chicle por agredir sexualmente a súa cuñada

O fiscal e a acusación particular piden para el 15 anos de cárcere

G24.gal 21/11/2022 21:14

A Audiencia Provincial da Coruña acolle a partir deste martes o xuízo a José Enrique Abuín Gey, o Chicle, por unha agresión sexual á súa cuñada. Está previsto que a vista se prolongue durante tres días.

Os feitos ocorreron cando a muller tiña 17 anos.

Segundo a fiscalía, en xaneiro de 2005 o acusado chamou ao teléfono móbil da vítima cun pretexto inventado, achegouse ao lugar en que a moza se atopaba e convenceuna para que se metese no asento do acompañante do seu vehículo.

"O propósito real do acusado era manter relacións sexuais contra a vontade" da súa cuñada, e por tal razón, segundo estima a Fiscalía, o acusado dirixiuse a gran velocidade a un lugar illado onde puidese conseguir o que pretendía.

Unha vez que chegou ao lugar, o acusado detivo o seu vehículo de motor e, "con ánimo de satisfacer os seus desexos sexuais, tras esixirlle (á muller) que lle entregase o teléfono móbil, manipulalo e gardalo, bloqueou as portas do vehículo e, para amedrentala e lograr o seu propósito, sacou e exhibiu un coitelo duns 20 centímetros de lonxitude, e esixiulle que se espise, advertíndoa de que se non o facía lle cravaría o coitelo.

Despois de violala, o home ameazouna con matala a ela, aos seus pais e a súa irmá se contaba algo do ocorrido.

A fiscalía e a acusación particular acusan o Chicle dun delito de agresión sexual e piden para el 15 anos de cárcere. 

Abuín cumpre nestes momentos unha condena de prisión permanente revisable polo crime de Diana Quer. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade