Estados Unidos abre fronteiras a turistas internacionais que teñan a pauta completa e unha proba negativa
Estados Unidos abre fronteiras a turistas internacionais que teñan a pauta completa e unha proba negativa
Están admitidos cidadáns de 33 países, entre eles España
As vacinas aceptadas son todas as autorizadas pola OMS

Dende hoxe, os Estados Unidos abren as súas fronteiras para os turistas internacionais. Os viaxeiros poderán entrar no país co carné completo de vacinación e unha proba negativa, realizada, máximo, 72 horas antes da viaxe.
Despois de 20 meses xa se pode cruzar o Atlántico para facer turismo nos Estados Unidos. Están admitidos cidadáns de 33 países, entre eles España.
As vacinas aceptadas son todas as autorizadas pola OMS. Para os menores de entre 2 e 17 anos só é preciso a proba negativa de covid, realizada un día antes da viaxe.
Os menores de 2 anos quedan exentos tanto de test como de proba. A apertura de fronteiras prodúcese co 70 % dos estadounidenses adultos vacinados.