Espiar un historial médico, usar ilicitamente os datos ou vendelos pode supoñer ata sete anos de cácere
Espiar un historial médico, usar ilicitamente os datos ou vendelos pode supoñer ata sete anos de cácere
Espiar ou roubar datos privados dun historial clínico pode supoñer, como mínimo, tres anos de prisión
As penas por delitos de intromisión a un historial médico sen permiso son similares ás dun homicidio imprudente
Abrir a correspondencia allea é delito. Entrar, sen consentimento nin xustificación, nun historial médico, unha ficha de saúde que inclúe datos especialmente sensibles, é delito tamén. Ningún profesional sanitario pode acceder, sen permiso, aos datos de saúde dunha persoa que non sexa paciente seu. O delito págase con, mínimo, tres anos de prisión.
O só feito de acceder aos datos, aínda que sexa por uns segundos, por simple curiosidade, é delito. Se esa información íntima, ao facerse pública, prexudica a vida da persoa espiada, a pena é maior. Vender eses detalles íntimos, está castigado con penas de ata sete anos de prisión.
Se alguén sospeita que unha persoa non autorizada entrou, modificou ou difundiu o seu historial médico, pode pedirlle ao Servizo de Saúde, argumentado motivos xustificados, unha comprobación.