Especial do 'En xogo' co posible ascenso do Deportivo (20:10h, TVG)
Unha vitoria en Zorrilla devolve os brancos e azuis á Primeira División
Esta tarde continúa a programación especial da TVG con motivo do desenlace da temporada para Celta e Deportivo. Despois do En Xogo especial de onte tras a clasificación do Celta por segunda temporada consecutiva para a Europa League, hoxe hai un novo En Xogo na primeira canle da TVG.
Desde as oito e dez da tarde, a TVG atenderá ao desenlace do encontro entre o Valladolid e o Deportivo, no que o cadro coruñés pode celebrar o ascenso á Primeira División no caso de gañar e incluso sen sumar os tres puntos daría o salto de categoría beneficiado polos resultados dos seus rivais directos.
Patricia Rodríguez Juste estará no estadio José Zorrilla, que vai semellar un pequeño Riazor. Na Coruña, Xosé Antón Fraga transmitirá todo o que aconteza na fan zone e Cristian Romero estará preparado na fonte de Catro Camiños, o lugar de encontro dos deportivistas nos mellores momentos da historia. Desde o plató debatirán sobre a temporada desenvolvida polo equipo de Hidalgo os especialistas Tito Ramallo, Miriam Ríos e Dani Mallo.