Publicador de contidos

Publicador de contidos

España vai restrinxir os voos de Suráfrica e Botswana pola nova variante Omicron

España vai restrinxir os voos de Suráfrica e Botswana pola nova variante Omicron

Bruxelas propón vetar voos desde o sur de África pola aparición dunha nova variante

O Ibex sufriu a maior caída en ano e medio e afunde case un 5 por cento

G24.gal 26/11/2021 15:07

O Consello de Ministros aprobará o próximo martes un acordo para a restrición de voos procedentes de Suráfrica e Botsuana ante a nova variante covid e en liña coa Comisión Europea que propuxo aos vinte e sete suspender o tráfico aéreo coa rexión.

Segundo informou o Ministerio de Sanidade, polo de agora non se secuenciou ningún tipo de liñaxe da variante surafricana, identificada como B.1.1.529, polo que non se coñece ben a súa composición exacta. 

Adicionalmente, "con carácter inminente", a Dirección Xeral de Saúde Pública adoptará unha resolución para esixir aos pasaxeiros procedentes de países de alto risco "un test de antíxenos ou unha PCR", ademais da vacinación.

A ministra de Sanidade, Carolina Darias, en declaracións a TVE, sinalou que aínda que en principio a suspensión será de voos procedentes destes dous países, xa se verá se outros se suman, pero "en principio, serán estes dous".

As bolsas caeron de xeito masivo, o Ibex sufriu a maior caída en ano e medio pola nova variante do virus, e afunde case un 5%, arrastrado polo batacazo dos valores turísticos, e o Dow Jones que cae case un 3 por cento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade