Bruxelas suspende voos desde 7 países africanos pola nova variante da covid
A decisión chega tras o veto adoptado polo Reino Unido, Alemaña e Israel
Unha muller belga que viaxou a Exipto é o primeiro caso confirmado en Europa
A Comisión Europea acorda suspender voos desde 7 países africanos pola aparición da nova variante: Sudáfrica, Lesotho, Botswana, Zimbabwe, Mozambique, Namibia e Eswatini, para evitar a expansión en Europa dunha nova variante de covid-19.
É o chamado freo de emerxencia para deter o tráfico aéreo, desta volta desde a rexión do sur de África pola variante que xa se denomina Omicron.
A UE sumaríase así á adopción de medidas similares adoptadas xa polo Reino Unido, Alemaña e Israel.
O Xapón prohibe voos desde cinco países de Suráfrica
O Xapón ordena a prohibición de voos dende cinco países surafricanos con efecto inmediato. O Goberno comunicou incluso que todos os avións que van camiño ao seu país desde o continente africano deben dar a volta de regreso.
A República Checa ordenou, tamén, prohibir todos os seus voos desde cinco países surafricanos.
Italia prohibiu desde este venres a entrada no país a quen pasase nos últimos 14 días por seis nacións africanas como medida de prevención ante a nova variante do coronavirus detectada en Suráfrica.
O ministro de Sanidade italiano, Roberto Speranza, asinou a ordenanza en que se prohibe a entrada a cidadáns que pasasen por Lesoto, Botswana, Zimbabue. Mozambique, Namibia e Esuatini.
"Os nosos científicos están a traballar para estudar a nova variante. Mentres seguimos o camiño da máxima precaución", dixo Speranza nunha declaración aos medios.
Ademais, a primeira ministra de Nova Zelandia mandou activar todos os protocolos de emerxencia no seu país ante a probable chegada da nova cepa de covid-19.
Unha muller belga que viaxou a Exipto, é o primeiro caso confirmado en Europa
Unha muller con síntomas de coronavirus tras unha viaxe a Exipto con escala en Turquía é o primeiro caso confirmado en Bélxica dun paciente contaxiado coa nova variante conocida como Nu.
O diagnóstico foi confirmado polo Hospital Universitario UZ Leuven de Lovaina tras examinar esta moza que non estaba vacinada e que comezou a desenvolver síntomas once días despois de facer a viaxe.

Caída das bolsas europeas por mor da nova variante
O Ibex sufriu a maior caída en ano e medio pola nova variante do virus, e afunde case un 5%, arrastrado polo batacazo dos valores turísticos, e o Dow Jones que cae case un 3 por cento.
O resto de bolsas europeas tamén apuntan perdas considerables: Fráncfort, Milán, París e o Eurostoxx 50, que agrupa as 50 empresas máis importantes da zona euro, desplomáronse entre un 4% e un 5%, seguindo a estela iniciada polos mercados asiáticos.
Wall Street pecha á baixa, con perdas do 2% no Dow Jones e no tecnolóxico Nasdaq.