Publicador de contidos

Publicador de contidos

España supera as 99.000 mortes por covid cunha incidencia á baixa

España supera as 99.000 mortes por covid cunha incidencia á baixa

Sanidade notifica 226 falecidos nas últimas 24 horas

 A incidencia baixa 28 puntos ata os 648 casos por cada cen mil habitantes

G24.gal 24/02/2022 19:27

As mortes desde o inicio da pandemia en España superan as 99.000, concretamente son 99.162, 12.245 delas no que vai da sexta vaga tras certificarse no último día 226 decesos máis.

A sexta vaga decrece coa incidencia que acada os 648 casos, pero cun alto número de contaxios que ascenden a 35.892.

Sanidade indica que a incidencia baixa en 28 puntos con respecto ao día de onte e tamén continúa decrecendo a presión hospitalaria, que baixa ao 11,9 % nas unidades de coidados intensivos e un 6,2% en planta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade