Publicador de contidos
Publicador de contidos

España, sen marxe de erro ante Portugal

España, sen marxe de erro ante Portugal

A selección que dirixe Luis Enrique ten que gañarlles aos lusos se quere estar na final a catro da Liga das Nacións

G24.gal 26/09/2022 20:42 Última actualización 26/09/2022 21:01

O tropezo inesperado ante Suíza situou a España nun escenario delicado. A selección está obrigada a gañarlle a Portugal, que vén de golear a República Checa e ao que lle abonda un empate para estar na final a catro da Liga das Nacións. 

"Nós pensamos neste partido como se fosen os cuartos de final do Mundial. Son noventa minutos e só serve gañar. Non nos vale o empate", explicou Luis Enrique. 

Así que, España non especulará. E aí reside a motivación deste encontro, engadiu. 

"Non teño dúbidas de que imos competir. Temos tres precedentes recentes en que xogamos ben con Portugal. Fixemos tres bos partidos. Nós non lles demos gañado. Eles a nós tampouco. Creo que vai seguir a mesma liña", subliñou o seleccionador. 

Tras o partido contra Suíza, Luis Enrique falou de imprecisións. Dúas accións a balón parado decidiron o duelo. Preguntado pola fraxilidade da súa liña defensiva, o adestrador saca peito. 

"Ao contrario do que opinades os xornalistas, creo que a liña máis potente que teño é a defensa. Aquí defende todo o equipo. E non atacan só os dianteiros. O primeiro que ataca é Unai", defendeu en sala de prensa. 

O seleccionador, que podería meditar cambios na aliñación, non se mollou con respecto ao once que sacará en Braga fronte a Portugal. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar