Publicador de contidos
Publicador de contidos

España remonta en dez minutos o gol inicial da República Checa (3-1)

España remonta en dez minutos o gol inicial da República Checa (3-1)

Os catro goles do partido chegaron entre o minuto 55 e o 70 de encontro

Tere Abelleira volveu xogar coa selección logo de entrar no minuto 74

G24.gal 09/04/2024 20:43

A selección española feminina continúa coa traxectoria triunfal nesta fase de clasificación para a Eurocopa aínda que tivo que sufrir máis do previsto para derrotar a República Checa (3-1). 

Non xogaron as de Montse Tomé unha boa primeira parte, e no inicio da segunda víronse un gol abaixo. Pero en dez minutos (do 59 ao 69) conseguiron marcar tres goles e remontar o partido. María Méndez á saída dun córner, Jenni Hermoso logo dun remate que entrou con moito suspense e Mariona Caldentey, a mellor do partido, marcaron os goles de España. 

Tamén volveu vestir a camisola da selección a pontevedresa Tere Abelleira despois de superar unha lesión. Entrou no minuto 74 en substitución de Maite Oroz. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade