España perdeu máis de 1.200 autónomos o ano pasado, o peor dato desde 2012
O comercio pechou o 2022 con preto de 20.000 autónomos menos
A afiliación de traballadores no sector da hostalería caeu con preto de catro mil autónomos menos o ano pasado
Os incrementos dos custos laborais e de produción deixan cada vez menos marxe de beneficio e moitos comercios víronse obrigados a pechar.
Desde a pandemia perdéronse en España 45.000 comercios, deles preto de 20.000 do sector téxtil.
A afiliación de traballadores no sector da hostalería tamén caeu con preto de catro mil autónomos menos o ano pasado.
A esta situación engádese o endurecemento das condicións para acceder ao crédito. No caso dos préstamos ICO as pemes que non sobreviviron á pandemia están a ter dificultades para devolvelos. As entidades esixen responder polo cen por cento do importe cando só avalaron o 20 xa que o estado se comprometera a responder polo 80 por cento restante.