Publicador de contidos

Publicador de contidos

España, o noveno país da UE co prezo dos combustibles máis caros este mes

España, o noveno país da UE co prezo dos combustibles máis caros este mes

O gasóleo leva sete semanas consecutivas máis caro que a gasolina

G24.gal 17/05/2022 14:39

Os prezos nos surtidores van disparados. Estamos na sétima semana consecutiva na que o combustible diésel custa máis que a gasolina. Coller a mangueira para repostar xa non é coma antes, coma hai uns meses.

É que hoxe, este xesto, o de botar combustible, se é gasolina, de noventa e cinco ou de noventa e oito octanos, está máis caro ca nunca. Subiu un tres por cento neste mes.

España é o noveno país da Unión Europea co prezo dos combustibles máis altos agora mesmo. Iso, malia que hai un mes e medio que está en vigor a bonificación de vinte céntimos menos por litro. Unha rebaixa que seguen tendo que anticipar, cos seus cartos, as estacións de servizo. Moitas, din, aínda non recibiron a compensación do mes pasado. 

Sete de cada dez estacións de servizo en España son propiedade de autónomos, pequenos empresarios ou franquiados. Esta semana, os prezos do diésel e a gasolina en España están, por vez primeira, un céntimo por riba da media do que custa encher o depósito no resto da Unión Europea.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade