Publicador de contidos

Publicador de contidos

España entra en risco alto e coa presión nas UCI cada vez maior

España entra en risco alto e coa presión nas UCI cada vez maior

A incidencia chega aos 305 casos por cada 100.000 habitantes

A ponte festiva deixa ademais unha repunta de contaxios

G24.gal 09/12/2021 20:50

Dúas semanas antes das festas do Nadal, España entra en risco alto por coronavirus, con 305 casos de incidencia por cada 100.000 habitantes, ademais dunha repunta de contaxios.

Estas cifras notifícanse tras unha longa ponte marcada pola mobilidade, aglomeracións e celebracións sociais.

Uns 17 territorios xa teñen unha presión nas UCI por riba dos baremos recomendados, un 5 % segundo a OMS; algúns chegan ata o 20 %.

O novo semáforo covid de Sanidade, que foi aprobado hai semanas, flexibilizou os niveis de alerta e marcou o risco alto entre 300 e 500 casos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos