Publicador de contidos

Publicador de contidos

España e Portugal propoñen un prezo de 30 euros/MWh ao gas para xerar luz

España e Portugal propoñen un prezo de 30 euros/MWh ao gas para xerar luz

Os dous gobernos trasladarán a proposta á Comisión Europea nos próximos días

G24.gal 31/03/2022 16:06

España e Portugal propuxeron un prezo tope de 30 euros/megawatt hora (MWh) para o gas destinado á xeración eléctrica e así rebaixar o prezo da luz no mercado grosista, aínda que, segundo a ministra para a Transición Ecolóxica Teresa Ribera, é un dos elementos que terán que discutir coa Comisión Europea (CE).

Ribera, durante unha visita á comarca leonesa do Bierzo, confirmaba este xoves a información adiantada polo diario portugués Público sobre ese prezo tope.

A ministra explicou que xa hai un documento previo á proposta que presentarán á CE e que inclúe que haxa dúas casacións de prezos no mercado grosista, unha para o mercado ibérico e outra para a interconexión con Francia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos