Publicador de contidos

Publicador de contidos

Vigo recibe cinco dos 89 refuxiados sirios afectados polo terremoto que acolle España

Vigo recibe cinco dos 89 refuxiados sirios afectados polo terremoto que acolle España

Son homes, mulleres e nenos que conforman 16 familias

G24.gal 04/03/2023 20:14 Última actualización 04/03/2023 20:46

Os acollidos chegaron en avión ás dúas da tarde ao aeroporto de Torrejón. Son 16 familias sirias, en total 89 persoas, case a metade nenos. Vivían refuxiados na fronteira turca co seu país, un dos puntos máis azoutados polo terremoto de hai un mes, como explicou o ministro de Inclusión e Migracións, José Luis Escrivá. 

"Ademais de verse afectados de forma intensa polo terremoto, son refuxiados da guerra de Siria. Polo tanto traen un dobre drama detrás"

España tróuxoos en colaboración con ACNUR e a Organización Internacional para as Migracións e a axuda dunha decena de organismos.

"Somos o primeiro país de Europa que acolle refuxiados afectados polo terremoto e fixémolo para os nosos estándares, que adoitan ser altos, nun tempo récord"

Estarán en centros de acollida de once provincias, entre elas a de Pontevedra; concretamente en Vigo, onde quedan cinco persoas.

O ministro de Inclusión, Seguridade Social e Migracións indicou que van traballar para traer un segundo continxente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade