Publicador de contidos

Publicador de contidos

Estrélase sen superviventes unha avioneta que voou por riba de Washington

Estrélase sen superviventes unha avioneta que voou por riba de Washington

A avioneta deu un xiro estraño e sobrevoou a capital

O exército sacou un caza e houbo unha grande explosión 

A nave estampouse e morreron os catro ocupantes

G24.gal 05/06/2023 08:42

Nos Estados Unidos, unha avioneta estrelouse en Virxinia e ningún dos seus catro ocupantes sobreviviu ao sinistro.

O caso é que o rechamante e inexplicable xiro na ruta que fixo a nave acendeu todas as alarmas, porque supuxo que sobrevoara sen autorización e por sorpresa o espazo aéreo máis restrinxido do país, o da capital, Washington. Así que, ante a falta de resposta da avioneta, o exército mandou un caza e escoitouse unha forte explosión, amplamente comentada nas redes sociais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade