Publicador de contidos
Publicador de contidos

Escolares de Palmeira participan nunha actividade para identificar plantas invasoras

Escolares de Palmeira participan nunha actividade para identificar plantas invasoras

Buscaron as principais plantas foráneas que se estenderon pola contorna

Forma parte dun proxecto que rematará cun mapa de especies invasoras

G24.gal 21/03/2024 17:00 Última actualización 21/03/2024 22:31

Os alumnos de terceiro e cuarto de primaria do colexio de Palmeira fixeron unha andaina como parte dun proxecto que está a sacar o alumnado pola contorna do centro na procura das principais plantas foráneas que hai na zona.

Trátase dunha actividade didáctica que rematará coa elaboración dun mapa. Segundo Alejandro Pérez Hermo, profesor no CEIP de Palmeira, "o principal da actividade é que os nenos do centro coñezan a súa contorna, que o saiban apreciar e que o saiban coidar". 

Contan que "as plantas invasoras máis comúns na zona son o eucalipto, o plumacho, as acacias e as canas", que as foron atopando en diferentes puntos do percorrido. Engade que "eles se sorprenden de que en sitios polos que pasan habitualmente que existan estas cousas, que aprenden a abrir os ollos".

Cando chegaron á praia a Galega falou cos cativos e comprobaron que tiñan a lección aprendida, e tamén que lles gusta máis as aulas fóra que dentro do colexio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar