Publicador de contidos

Publicador de contidos

Escolares de Oleiros practican como actuar ante un parada cardiorrespiratoria

Escolares de Oleiros practican como actuar ante un parada cardiorrespiratoria

Profesionais do Colexio de Médicos da Coruña realizan un taller con alumnos no Día Mundial da Medicina de Urxencias

Un grupo de médicos explica a escolares de Oleiros como fan as practicas de reanimación cardiopulmonar este venres
G24.gal 27/05/2022 13:57

"Este tipo de manobras que imos aprender hoxe, en teoría, terían que estar no currículo escolar de primaria e de secundaria. E, realmente, en toda a nosa vida. Son manobras que temos que aprender e ir repasando para poder aplicar cando sexa necesario", di Azucena Prieto, que está á fronte dun grupo de persoal médico desenvolvendo con escolares en Oleiros o procedemento de primeiros auxilios en reanimación cardiopulmonar e outras accións que poden salvar a vida a alguén que, de súpeto, sofre unha interrupción da respiración e da circulación.

María Dolores Silva Directora do CEIP Parga Pondal de Oleiros di que "a experiencia está sendo moi boa. É a primeira vez que temos este proxecto no centro".

O manexo do desfibrilador tamén foi obxecto de práctica. Os destinatarios destes talleres, alumnos de quinto e sexto seguiron con moito interese estas leccións para a vida."Paréceme xenial, porque é unha maneira de salvar vidas", di Irene, de sexto curso, que participa no taller.

A realización da manobra de Heimlich, que salva tantos de atragoarse, completou a sesión experimental co moneco. Brais contaba que xa viña con algo aprendido: "A min xa me gustaba moito antes ver debuxos de médicos e xa a sei desde fai moito".

Todo isto porque estamos no Día Mundial da Medicina de Urxencia, para o que pedimos axuda cunha chamada ao teléfono 061.

Azucena Prieto Zapico , médico de urxencias afirma que "en Galicia o 061 ten os mellores tempos de asistencia nunha urxencia. E cando dicimos 112 é porque é tamén o número internacional en caso de urxencia".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos